Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019, que foi publicada no DOG número 12, do 20 de xaneiro de 2020, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos.
O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles. O prazo de presentación de solicitudes rematou o día 20 de febreiro e non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles nas epígrafes de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro no sector industrial e, porén, non se dispón de dispoñibilidade orzamentaria na epígrafe de aforro enerxético no sector de servizos.
O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración desa distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector da industria e servizos,
RESOLVO:
Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores de industria e servizos en función do volume de solicitudes recibido, e modificar a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 10 de decembro de 2019 do seguinte xeito:
Tipo de beneficiario |
Dotación orzamentaria inicial (€) |
Modificacións (€) |
Dotación orzamentaria final (€) |
AE - auditorías enerxéticas |
100.000 |
-50.000 |
50.000 |
SX - implantación de sistemas de xestión |
100.000 |
-50.000 |
50.000 |
PAEI - proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial |
2.800.000 |
-1.000.000 |
1.800.000 |
PAES - proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector de servizos |
500.000 |
1.100.000 |
1.600.000 |
Total |
3.500.000 |
0 |
3.500.000 |
Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a modificación do prazo establecido para presentar solicitudes.
Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020
Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia