Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Xoves, 18 de xuño de 2020 Páx. 24263

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020 pola que se redistribúen os créditos orzamentarios por epígrafes recollidos na Resolución do 19 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o ano 2020 (códigos de procedemento IN421L).

Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2019, que foi publicada no DOG número 14, do 22 de xaneiro de 2020, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para 2020.

O artigo 3.1 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se pasados dez días naturais desde a apertura do prazo de solicitudes, nalgunha das epígrafes non se rexistran solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de espera. O prazo de presentación de solicitudes comezou o día 10 de febreiro, e o día 2 de febreiro existía listaxe de espera na liña de renovables eléctricas (RE) e na de proxectos de aforro e eficiencia enerxética (PAE), ao tempo que non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles na liña de renovables térmicas (RT), polo que se realizou unha primeira redistribución de fondos mediante a Resolución do 2 de marzo de 2020 (DOG do 6 de marzo) co obxecto de adaptar os fondos ás solicitudes recibidas ata o momento. O día 15 de maio finalizou o prazo para a presentación de solicitudes e existía listaxe de espera na liña de renovables eléctricas (RE) e remanente na de proxectos de aforro e eficiencia enerxética (PAE) e na liña de renovables térmicas (RT).

O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración desa distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios ca a convocatoria.

Por todo o anterior, e dado que nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción de agrícola primaria,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de equipamentos de aproveitamento de enerxías renovables e de aforro e eficiencia enerxética nas empresas de produción agrícola primaria para o 2020 en función do volume de solicitudes recibido, e modificar a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 19 de decembro do 2019 do seguinte xeito:

Distribución por liña de axuda

Aplicación orzamentaria

Dotación orzamentaria inicial (€)

Modificacións (€)

Dotación orzamentaria final (€)

RT - proxectos de enerxías renovables térmicas

09.A2.733A.770.1

440.000

-52.725,71

387.274,29

RE - proxectos de enerxías renovables eléctricas

09.A2.733A.770.1

2.000.000

58.779,51

2.058.779,51

PAE - proxectos de aforro e eficiencia enerxética

09.A2.733A.770.0.

60.000

-6.053,80

53.946,20

Total

 

2.500.000

0

2.500.000

Segundo. A presente modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar solicitudes.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia