Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 17 de xuño de 2020 Páx. 24243

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 5 de xuño de 2020 pola que se fai público o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono das embarcacións Río Landro e Río Sor varadas no porto de Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015 (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, e por motivos de interese público que o fan aconsellable, faise público mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono das embarcacións Río Landro con folio 7ª-LU-2-103, e Río Sor con folio 7ª-LU-2-4-03 varadas no porto de Viveiro, das cales, segundo os datos do Rexistro Marítimo Español, é propietario a Asociación para a promoción do deporte e turismo náutico na provincia de Lugo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín oficial del Estado.

O acordo se emite por atoparse as embarcacións varadas sen actividade e nun claro estado de abandono desde hai uns dez (10) anos no porto de Viveiro, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao propietario das embarcacións segundo os datos do rexistro marítimo así como a calquera terceiro persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses sobre as embarcacións un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar as embarcacións abandonadas, estas pasarán a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións a realizar sobre as embarcacións sexan por conta do anterior propietario.

Cara ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia