Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 673/2019).

DSP. Despedimento/cesamentos en xeral 673/2019.

Procedemento de orixe: sobre despedimento.

Demandante: Judi Antonia do Nascimento Santana.

Graduado social: Juan Alberto Campos Couso.

Demandados: Marcelo José Castro Correia, Fogasa, MSP La Goulla, S.L.

Avogado: letrado/a de Fogasa.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Judi Antonia do Nascimento Santana contra Marcelo José Castro Correia, Fogasa e MSP La Goulla, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 673/2019, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), citar a Marcelo José Castro Correia e MSP La Goulla, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan o día 14 de xullo de 2020, ás 10.00 e ás 10.05 horas, na rúa Hortas, s/n, planta 3, edificio dos Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención á demandante, poida esta estar representada tecnicamente por graduado social colexiado ou representada por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Marcelo José Castro Correia e MSP La Goulla, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 5 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza