Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23978

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 3/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 3/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Milena Rivero Alarcón contra a empresa Servicios Integrales Dos Andando, S.L., sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións:

Auto en que se despacha execución do 29.1.2020, impugnable en reposición no prazo de tres días.

Decreto do 29.1.2020 e dilixencias de ordenación con datas 29.1.2020, 5.2.2020, 12.2.2020 e 4.3.2020, todas elas impugnables en revisión no prazo de tres días, as cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicios Integrales Dos Andando, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza