Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Martes, 16 de xuño de 2020 Páx. 23981

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 219/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 219/2017

Procedemento orixe: PO procedemento ordinario 258/2016

Sobre ordinario

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 219/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Alfredo López Dapena contra a empresa Carma 1.402, S.C., Mª Peregrina López Dapena, Carlos Gómez García, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto con data do 5 de xuño de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

Reabrir a presente execución xa que se ingresou na conta deste xulgado a suma de 27,24 euros, como consecuencia do embargo realizado sobre as devolucións tributarias pendentes de aboar a María Peregrina López Dapena, e transferir ás contas achegadas na execución a cantidade que corresponda en proporción aos seus créditos, é dicir, 7,79 euros a Óscar Alfredo López e 19,45 euros ao Fondo de Garantía Salarial. Considérase reducido o principal na devandita suma.

Dar traslado a Óscar Alfredo López Dapena e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que, no prazo de quince días, poidan designar a existencia de novos bens titularidade da executada; no caso contrario, declararase a insolvencia desta.

Notifíquese ás partes e a Carma 1.402, S.C., Mª Peregrina López Dapena, Carlos Gómez García, por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Carma 1.402, S.C., Mª Peregrina López Dapena, Carlos Gómez García, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2020

A letrada da Administración de xustiza