Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23759

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponteceso

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas en solo rústico e de núcleo rural para a construción dun centro de investigación, formación e coidado de persoas maiores en Bardaio.

Despois de ser aprobado inicialmente o 20.5.2020, pola Xunta de Goberno Local do Concello de Ponteceso, o Plan especial de infraestruturas en solo rústico e de núcleo rural para a construción dun centro de investigación, formación e coidado de persoas maiores en Bardaio, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do seu regulamento, sométese a información pública durante o prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal calquera persoa interesada poderá examinar o expediente na Secretaría municipal, en horario de oficina, e formular as alegacións que considere procedentes nun escrito dirixido á Xunta de Goberno Local.

Ponteceso, 21 de maio de 2020

Xosé Lois García Carballido
Alcalde