Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de xuño de 2020 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento para a declaración de abandono da embarcación Logar, varada no porto de Ribadeo.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE número 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Diego Eugenio López Neira, con DNI ***1357** mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, o Acordo do 5 de marzo de 2020, da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia, que inicia o procedemento para a declaración de abandono da embarcación da que é propietario, de nome Logar e folio 7ª-AT-6-220-07, varada no porto de Ribadeo, por non ser posible a notificación no domicilio.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O acordo emítese por atoparse a embarcación varada sen actividade nin mantemento ningún en parcela de Portos de Galicia no porto de Ribadeo e sen aboar taxas, desde que foi reflotada por persoal de Portos de Galicia dado o incumprimento de ordes de retirada emitidas pola Zona Norte da entidade e o risco de afundimento da embarcación en xaneiro de 2020, con base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG número 236, do 14 de decembro), de portos de Galicia.

O órgano competente para a resolución deste procedemento é a presidenta de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, letras a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

A instrución do procedemento recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, sendo o seu réxime de recusación o consignado no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro (BOE número 236, do 2 de outubro), de réxime xurídico do sector público.

Outórgase ao propietario da embarcación un prazo máximo de dez (10) días para formular alegacións.

Advírtese que, de acordo coa normativa máis arriba citada, chegado o termo de declarar ao buque abandonado, este pasará a ser propiedade de Portos de Galicia, o que non impedirá que todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque sexan por conta do anterior propietario.

Para ao seu exame, o expediente atópase nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia