Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 15 de xuño de 2020 Páx. 23755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 1 de xuño de 2020 pola que se notifica o acordo de inicio do expediente de caducidade de autorización de atracada número P7-08E nas instalacións do porto deportivo de Ribadeo.

Con data do 5 de marzo de 2020, a Presidencia de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da cal é titular Diego Eugenio López Neira con DNI ***1357**.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, o seu réxime de abstención e recusación será o consignado nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O expediente incóase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 110.1.b) da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estar pendentes de aboamento as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, desde o segundo semestre do ano 2014 ata o segundo semestre do ano 2019.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións perante o instrutor designado no expediente, outorgándose, para estes efectos, un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Boletín oficial del Estado.

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para proceder a aboar as ditas cantidades poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia