A titularidade do centro privado (CPR) Salesianos A Mercé, de Cambados, solicita autorización para impartir os ciclos formativos de formación profesional básica (FPB) Agroxardinaría e composicións florais e de FPB Peiteado e estética.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización de ensinanzas
Autorizar o ciclo formativo de formación profesional básica (FPB) Agroxardinaría e composicións florais e o ciclo formativo de FPB Peiteado e estética, co cal o centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Salesianos A Mercé.
Código do centro: 36000569.
Domicilio: Serantellos, 1.
Localidade: Castrelo (Santa Cruz).
Concello: Cambados.
Provincia: Pontevedra.
Titular: Congregación Salesiana.
Composición resultante:
• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.
• FPB Agroxardinaría e composicións florais (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
• FPB Peiteado e estética (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional