Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 12 de xuño de 2020 Páx. 23195

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 4 de xuño de 2020 pola que se autoriza a posta en funcionamento do colexio de educación infantil e primaria Novo Mesoiro, no concello da Coruña.

O Decreto 67/2020, do 12 de marzo, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 84, do 4 de maio, crea o colexio de educación infantil e primaria Novo Mesoiro, no concello da Coruña.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 16.1.b) do Decreto 138/2018, do 8 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (DOG núm. 219, do 16 de novembro), a competencia para elaborar propostas de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares de titularidade pública corresponde á consellería competente en materia de educación, concretamente á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo único

Autorizar a posta en funcionamento do centro identificado cos datos que figuran a seguir:

Provincia: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Código postal: 15190.

Enderezo: rúa Fragas do Eume, s/n.

Código do centro: 15033228.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Novo Mesoiro.

Unidades: 6 de educación infantil e 12 de educación primaria.

Disposición derradeira primeira

Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para aplicar esta orde.

Disposición derradeira segunda

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional