Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22850

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigacións legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social durante o primeiro cuadrimestre do ano 2020 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

María Francisca Gómez Santos
Secretaria xeral técnica da Consellería de Política Social

ANEXO

Convenios asinados no primeiro cuadrimestre de 2020

Título

Obxecto

Data
de sinatura

Importe (€)

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, que desenvolve o programa Vacacións en Paz 2020

Contribuír ao financiamento para o desenvolvemento do programa Vacacións en Paz 2020, que ten como obxectivo xeral trasladar a 111 nenos/as saharauís, procedentes dos campamentos de refuxiados en Tindouf (Alxeria), para pasar dous meses do período estival acollidos por familias galegas

10.3.2020

100.000

Acordo polo que se modifica e prorroga o convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores no Centro Concepción Arenal

Modificar e prorrogar o convenio asinado o 29 de abril de 2016, entre a Consellería de Política Social e a Fundación Camiña Social para levar a cabo a atención residencial e a intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais privativas de liberdade previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, no Centro Concepción Arenal. Manterase a vixencia ata o 31 de agosto de 2020

30.4.2020

778.666,68

Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Fundación Amancio Ortega Gaona (FAO) para a construción dun centro público de atención integral ás persoas maiores dentro do marco do programa Como na Casa, no concello da Coruña

Definir o marco de colaboración para a construción e posta en funcionamento dun centro de maiores, sito na cidade da Coruña, para atender a maiores en situación de dependencia no marco do plan Como na casa

15.1.2020

Sen custo