Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 10 de xuño de 2020 Páx. 22852

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 4 de xuño de 2020 pola que se modifica a Resolución do 25 de setembro de 2019 pola que se publican os convenios de colaboración que asinou esta axencia no segundo cuadrimestre de 2019.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, cada consellería ou entidade debe remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En virtude da Resolución do 25 de setembro de 2019 (DOG núm. 191, do 8 de outubro) a Agader publicou os convenios de colaboración que asinou no segundo cuadrimestre de 2019.

O 13 de maio de 2019 a Agader asinou un convenio co organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio e coa Fundación Galicia Sustentable que non foi incluído na relación publicada o 25 de setembro de 2019.

En consecuencia, e co fin de cumprir co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, modifícase a Resolución do 25 de setembro de 2019 de xeito que se engada á relación de convenios do segundo cuadrimestre de 2019 o convenio de colaboración que figura no anexo.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2020

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Convenio de colaboración entre a Axencia Turismo de Galicia, o organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e a Fundación Galicia Sustentable

Establecer as condicións de colaboración entre as partes para desenvolver o proxecto Senda dos faros

13.5.2019

80.000 €