Expediente-e: IN407A 2019/226-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: recuamento da LMT RBT na vía Galileo, no polígono industrial do Tambre.
Concello: Santiago de Compostela.
Feitos:
1. O 20 de novembro de 2019, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos do Concello de Santiago de Compostela e de Nedgia Galicia, S.A. Ata o día de hoxe, non consta no expediente resposta dos organismos afectados, isto é, do Servizo de Xestión Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña e AESA-Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, á solicitude nin á reiteración do condicionado solicitado.
4. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.
Consideracións legais e técnicas:
1. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
2. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
3. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
4. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
5. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
6. Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).
7. As características técnicas da instalación son as seguintes:
– Substitución do apoio 25 e retensamento da liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 279 m (condutor existente), con orixe no apoio proxectado na LMT SCY823, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio núm. 27 existente na LMT SCY823.
– Desmantelamento da LMTA SCY823 entre os apoios 21 e 25.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación núm. 1) a 20 kV, cunha lonxitude de 590 m, con orixe na LMTS existente SCY823, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate no apoio núm. 25 proxectado na LMT SCY823.
– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación núm. 2) a 20 kV, cunha lonxitude de 115 m, con orixe na LMTS entre o CS 15CY0 Matadoiro e o CT 15CD71 Polígono do Tambre, núm. 8 (expediente 261/04); condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV (1×240 Al) e remate no CT 15CD71 Polígono do Tambre, núm. 8 (expediente 30623).
O orzamento da instalación, segundo o proxecto, é de 103.913,43 €.
8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.
2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberase achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e as prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.
4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícase á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A Coruña, 18 de maio de 2020
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña