Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 9 de xuño de 2020 Páx. 22748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Coles (expediente IN407A 2020/22-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que se describe a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado en Ourense o día 20 de marzo de 2020 polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A. CIF: A-63222533.

Domicilio: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: reforma da LMT VLL810 TC apoio D42-64.

Situación: Cambeo, no concello de Coles.

Orzamento: 20.766,82 €.

Características técnicas:

Reforma da LMT a 20 kV, VLL810 TC apoio D42-64, con orixe no apoio D42-62 e final no apoio D45-65: substitución de apoio HV por novo apoio C A-AG 14/3000-H35-CA para instalar Interruptor-seccionador telecontrolado GPRS, retensando condutor (LA-110) entre apoios afectados.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha da instalación que se autoriza será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 18 de maio de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense