Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22612

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 185/2019).

Eu, Mariña Pilar García Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 185/2019 deste xulgado do social, seguido a instancia de Juan Carlos Raña Pampín contra Stylo Baño e Interiorismo, S.L. e Fogasa, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 21 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar á executada Stylo Baño e Interiorismo, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 11.194,86 euros en concepto de principal (8.815,23 euros en concepto de salarios e vacacións, 2.379,63 euros en concepto de intereses do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 1.119,48 euros que se fixan provisionalmente en concepto de intereses que, no seu caso, poidan devindicarse durante a execución e as costas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións previa anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se en diante coñécense novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación da mesma con expresión da infracción cometida na mesma a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza»

E para que sirva de notificación en legal forma a Stylo Baño e Interiorismo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza