Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 32/2020).

Eu, Branca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 32/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Verónica Barcala Torres contra a empresa ICA 2014, S.L., sobre ordinario, se ditou dilixencia de ordenación, auto despachando execución e decreto, con data do 18.5.2020 e do 20.5.2020, impugnables en reposición no prazo de tres días, que se atopan á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a ICA 2014, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza