Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 8 de xuño de 2020 Páx. 22608

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2020 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación.

De conformidade co establecido nos artigos 88 e 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 52 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, do regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e demais normativa de procedente aplicación, e no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 14 de xaneiro de 2020,

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se indican no anexo I.

Segundo. Poderán concorrer a ela todos/as os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinala no anexo I.

Terceiro. As solicitudes, que irán dirixidas ao xerente da Universidade da Coruña, empregarán o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria. A presentación das solicitudes farase no Rexistro Xeral da Universidade da Coruña (Edificio da Reitoría, rúa da Maestranza, 9, 15001 A Coruña), nos rexistros auxiliares (Campus da Zapateira, A Coruña e Edificio de Usos Administrativos no Campus de Esteiro, Ferrol), ou nas restantes formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Á solicitude xuntaráselle un currículo en que se especifiquen os méritos, que se acreditarán documentalmente.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE de 2 de outubro).

A Coruña, 27 de maio de 2020

Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña

Anexo I

Nº de posto

Denominación

Centro

Tipo

Grupo

Comple. destino

Comple.

específ.

Forma

provisión

152

Secretario/a

Vicerreitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia

S

A2/C1

21

608,47 €

Libre designación

356

Secretario/a

Vicerreitoría de Estudantes, Participación e Empregabilidade

S

A2/C1

21

608,47 €

Libre designación

748

Secretario/a

Vicerreitoría de Infraestruturas e Sustentabilidade

S

A2/C1

21

608,47 €

Libre designación

749

Secretario/a

Vicerreitoría de Igualdade, Cultura e Deportes

S

A2/C1

21

608,47 €

Libre designación

396

Secretario/a

Vicerreitoría do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social

S

A2/C1

21

608,47 €

Libre designación

Requisitos: funcionarios/as de carreira dos grupos que se indican para o posto, con destino definitivo na Universidade da Coruña.

Anexo II

Apelidos

Nome

NIF

Data de nacemento

Corpo ou escala

Grupo

Nº de rexistro persoal

Enderezo

Localidade

Provincia

Teléfono fixo

Teléfono móbil

Correo electrónico

Posto que solicita

Destino actual

Departamento

Organismo

Localidade

Solicito: ser admitido/a ao concurso convocado por resolución da Universidade da Coruña, do 27 de maio de 2020 para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto que máis arriba relaciono.

A Coruña, _________de_______________________de 2020

(Sinatura do solicitante)

Xerente da Universidade da Coruña