Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 4 de xuño de 2020 Páx. 22419

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (167/2017).

Eu, María del Carmen Vázquez Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de referencia se ditou a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza nº 125/2019.

Xuízo ordinario nº 167/2017.

Maxistrada xuíza: María Jesús Sánchez Carbajales.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2019.

Resolvo:

Estimo parcialmente a demanda presentada por Manuel Bellido Neyra, que actúa en nome propio e en beneficio da comunidade hereditaria que forma cos seus irmáns Javier, Mª Amelia, Carmen, Pilar, Teresa e José Mª Bellido Neyra, e en nome e en beneficio da comunidade de propietarios que forma cos seus primos Mª Luisa, Mª Ascensión, Mª del Pilar, Amada, Mª del Carmen, Mª Concepción e Mª Covadonga Díaz-Aguado Neyra, con Mª del Carmen Fernández-Prida Migoya, cos seus primos Esther, Begoña, Luis, Blanca e Isabel Díaz-Aguado Tintoré, cos seus primos Pilar, Pedro e Gertrudis Urquijo Neyra, cos seus primos Santiago, Francisco, Luis e Arantxa Urquijo Zamora, con Mª de los Ángeles Zamora Andrade, cos seus primos José Mª, Mª Isabel, Mª del Carmen, Mercedes, Antonio, Fernando, Inmaculada e Mª del Rocío Neyra Hernández, cos seus primos José María, Concepción, María Luisa e María Eugenia Turón Neyra, cos seus primos Mª José, Jacobo, Fernando, Eladia e Manuel Mª Varela de Limia Neyra, contra herdeiros e sucesores descoñecidos de Carlos Neyra Villamil e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter algún dereito sobre a casa sita no nº 38 da Rúa Nova de Santiago de Compostela e, en consecuencia:

1. Declaro que as comunidades hereditarias de Ascensión, Petra, Manuela, José, María Amelia e Concepción Neira Arias son propietarias en pro indiviso, cada unha delas, de 1/7 da casa sita no número 38 da Rúa Nova de Santiago de Compostela, inscrita como terreo 2040, que consta no folio 187 do libro 49 de Santiago de Compostela, tomo 89, por título de herdanza.

2. Ordeno a rectificación da inscrición rexistral do ben no Rexistro da Propiedade número 2 de Santiago de Compostela a favor das comunidades hereditarias e nas cotas de participación que resultan do punto anterior, mandando a cancelación das inscricións contraditorias.

3. Todo isto sen imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes, coa indicación de que non é firme e que contra ela se poderá interpoñer recurso de apelación ante a Sala do Civil da Audiencia Provincial, recurso que se deberá presentar neste xulgado no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro dos herdeiros e sucesores descoñecidos de Carlos Neyra Villamil e persoas descoñecidas e incertas que poidan ter algún dereito sobre a casa sita no nº 38 da Rúa Nova de Santiago de Compostela, expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza