Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 66/2015).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 66/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Beatriz Roo Rodríguez contra a empresa Servanza, S.L., Natalia Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva e Carlos Piñeiro Silva, sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto o 18 de maio de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva

Acordo:

Reabrir a presente execución por ingresar a AEAT, na conta deste xulgado, a suma de 184,31 euros como consecuencia do embargo realizado sobre as devolucións tributarias pendentes de aboar a Carlos Piñeiro Silva.

Transfírase a cantidade obtida (184,31 €) ao Fogasa, dado que se subrogou polo total do principal debido.

Dar traslado a Beatriz Roo Rodríguez e ao Fondo de Garantía Salarial co fin de que, no prazo de quince (15) días, poidan designar a existencia de novos bens titularidade da executada e, no caso contrario, declararase a súa insolvencia.

Os prazos comezarán a constar unha vez que a autoridade competente alce a suspensión dos prazos procesuais.

Notifíqueselles ás partes e a Servanza, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres (3) días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Servanza, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza