Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 507/2018).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 507/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Calviño Landeira contra Invertaresa, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Isowat Made, S.L, Isowat, S.L., Isowat Electric Engineering, S.L., administración concursal de Isowat Made, S.L., administración concursal de Isowat Electric Engineering, S.L., administración concursal de Isowat, S.L.U., sobre despedimento, se ditou Sentenza do 10 de marzo 2020, contra a cal cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Invertaresa, S.L., Isowat, S.L., Isowat Electric Engineering, S.L. e Isowat Made, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza