Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21699

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta entidade no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no primeiro cuadrimestre do ano 2020 e que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos no devandito cuadrimestre polo IGVS e que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Instituto Galego da Vivenda e Solo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para desenvolver medidas previstas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

0 €

28.2.2020

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Deutsche Bank, Sociedad Anónima Española, de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios.

0 €

6.3.2020

Addenda ao convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada Galega, de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas.

0 €

12.3.2020

Addenda para a segunda prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, S.A. para a cesión de vivenda destinada ao alugamento alcanzable.

0 €

17.3.2020

Addenda para a modificación dos acordos de Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas na Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e a súa prórroga.

0 €

18.3.2020

Addenda ao convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Abanca Corporación Bancaria, S.A., de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas.

0 €

18.3.2020

Addenda para a modificación dos acordos de Comisión Bilateral relativos á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Mondoñedo e dos barrios históricos de S. Lázaro e Os Muíños (Lugo), Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e a súa prórroga.

0 €

14.4.2020

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas de Vigo, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

0 €

16.4.2020

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas de Ferrol, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021.

0 €

7.11.2019

Addenda para a modificación do acordo da Comisión Bilateral do 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana do conxunto histórico e das zonas de respecto no concello de Monforte de Lemos (Lugo), Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

36.854,33 €

10.12.2019

Acordo da Comisión Bilateral do 16 de decembro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana e rural do Parque Nacional das Illas Atlánticas, 2ª fase, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2020.

15.000 €

16.12.2019

Acordo da Comisión Bilateral do 16 de decembro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana e rural denominada Camiños de Santiago, 6ª fase, nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2020.

150.000 €

16.12.2019