Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Venres, 29 de maio de 2020 Páx. 21698

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no primeiro cuadrimestre do ano 2020, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2020

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data de sinatura

Convenio de colaboración educativa entre a USC e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado do máster universitario en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades.

Sen dotación económica

28.2.2020

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e a Fundación Otero Pedrayo para a publicación na web do epistolario «Ramón Otero Pedrayo».

Sen dotación económica

7.3.2020