Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 25 de maio de 2020 Páx. 21188

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 107/2018).

Eu, Paloma Recalde Álvarez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 107/2018 deste xulgado do social, seguido contra a empresa Galipasa, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva se achega:

«Autos PO núm. 107/2018.

Na cidade da Coruña, 13 de marzo de 2020.

Lara Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Karla Lizeth Manzano Valencia, que comparece representada pola letrada Sra. Romero Rodríguez, contra a empresa Galipasa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, ditou a seguinte sentenza:

Decisión

Que estimando a demanda interposta por Karla Lizeth Manzano Valencia contra a empresa Galipasa, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de trescentos trinta e oito euros e trinta e cinco céntimos (338,35 €), incrementada cos xuros por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Galipasa, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 13 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza