Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 20 de maio de 2020 Páx. 20827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 238/2017).

ETX execución de títulos xudiciais 238/2017.

Procedemento orixe:PO procedemento ordinario 1000/2014.

Sobre ordinario.

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais número 238/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Silvia Vázquez Cuesta contra a empresa David García Fanego, sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 12 de maio de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

Reabrir a presente execución por ingresarse na conta deste xulgado a suma de 1.021,27 euros como consecuencia do embargo trabado sobre as devolucións tributarias pendentes de aboar a David García Fanego, e transferir ao Fogasa a cantidade de 695,88 euros, cantidade total pola que se subrogou, e transferir a Silvia Vázquez Cuesta 177,38 euros, en concepto de xuros de mora. Considérase cumprida a execución en canto ao devandito aspecto.

Que a presente execución quede no meu poder co fin de practicar a oportuna liquidación de xuros.

Os prazos comezarán a contar unha vez que a autoridade competente alce a suspensión dos prazos procesuais.

Notifíquese ás partes e a David García Fanego, por medio de edictos no DOG, e fágalles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0238 17. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 00493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0238 17”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a David García Fanego, expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza