Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 19 de maio de 2020 Páx. 20547

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Paderne de Allariz, no núcleo de Rioseco.

O Concello de Paderne de Allariz, conforme o disposto no artigo 78.2.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), remite novamente o expediente de referencia en solicitude da súa aprobación definitiva.

Unha vez analizada a documentación achegada e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. O Concello de Paderne de Allariz dispón actualmente de Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) aprobado definitivamente o 15.9.2008.

I.2. A tramitación ata o momento da modificación puntual foi a seguinte:

• O 22.3.2017 a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático ditou resolución, publicada no DOG do 18 de abril de 2017, en que resolve non someter ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria a modificación puntual. Acompaña os informes correspondentes ás consultas previas do Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) e Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

• O Pleno do Concello, en sesión do 28.9.2017, aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante dous meses mediante anuncios que se publicaron nos diarios La Región e La Voz de Galicia, o 25.10.2017, e no DOG do 26.10.2017. Presentáronse dúas alegacións.

• Notificouse aos titulares catastrais mediante correo postal con xustificante de recepción, e aos falidos, mediante inserción de edicto no BOE.

• Constan informes desfavorable, do 17.11.2017, e favorable, do 8.1.2018, da Dirección Xeral de Telecomunicacións e Tecnoloxías da Información do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital.

• Solicitouse informe sectorial á Subdelegación do Goberno de Ourense o 2.11.2017 quen deu traslado da solicitude á Confederación Hidrográfica del Miño-Sil e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia.

• Constan informes solicitando completar documentación, do 7.11.2017, e favorable, do 19.4.2018, da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

• Consta informe do 9.11.2017, da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, que indica que o ámbito está fóra da zona de afección das súas estradas.

• Consta informe favorable, do 14.11.2017, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, de innecesariedade do informe da Comisión Galega de Protección Civil.

• Consta informe favorable do 30.1.2018 do Instituto de Estudos do Territorio (IET).

• Consta informe, do 2.5.2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en que se sinala que no ámbito non existen solos declarados contaminados nin información inventariada sobre afeccións á calidade dos solos.

• Consta informe favorable, do 25.6.2018, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, condicionado a incorporar as medidas protectoras e correctoras que se sinalan.

• Hai informe favorable do 8.2.2018, da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

• Constan informes desfavorable, do 9.11.2017, e favorable, do 6.3.2018, da Deputación Provincial de Ourense.

• Constan solicitudes de informe, do 8.11.2017, a Augas de Galicia e á Dirección Xeral de Ordenación Forestal, sen que conste contestación.

• Constan informes municipais, técnico, do 12.12.2018, e xurídico, do 21.12.2018, sobre a conformidade do plan coa lexislación vixente.

• O Pleno do Concello, en sesión do 27.12.2018, acordou estimar parcialmente as dúas alegacións presentadas e aprobar provisionalmente a modificación cos cambios derivados das alegacións aceptadas e dos informes sectoriais emitidos.

• O 21.6.2019 a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ditou requirimento ao Concello para que emendase as deficiencias sinaladas.

• Constan novos informes municipais, técnico e xurídico, do 14.10.2019.

• O Concello Pleno do 17.10.2019 aprobou de novo provisionalmente a modificación.

I.3. O 28.10.2019, conforme o disposto no artigo 78.2.c) da LSG, tivo entrada na Xunta de Galicia oficio do Concello de Paderne de Allariz acompañado do documento aprobado provisionalmente e documentación administrativa.

O 11.12.2019 a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) emitiu informe sobre a modificación aprobada provisionalmente o 17.10.2019, favorable condicionado á introdución na normativa do documento das limitacións de uso derivadas do ruído.

II. Análise da modificación puntual.

II.1. O ámbito de actuación é o núcleo rural de Rioseco e o seu contorno, incluíndo solo clasificado polo PXOM vixente como solo urbanizable delimitado residencial. O núcleo está atravesado polas estradas autonómicas OU-101 e OU-102, e afectado polo curso fluvial do río Seco.

Segundo o PXOM, a modificación afecta o solo de núcleo rural tradicional, solo de núcleo rural de expansión dos núcleos, solo urbanizable delimitado residencial e solo rústico especialmente protexido, forestal e de infraestruturas.

A superficie total do ámbito é de 249.347 m², dos que 133.562 m² quedan como solo de núcleo rural; 32.797 m², como solo urbanizable residencial, e 82.988 m², como solo rústico.

II.2. O obxectivo da modificación puntual é a redelimitación do núcleo rural de Rioseco, adaptándoo á Lei 2/2016, do solo de Galicia, e ao seu regulamento, e á Lei 8/2013, de estradas de Galicia, tendo en conta o parcelario e os servizos existentes, a tipoloxía das edificacións tradicionais e recentes, o seu grao de consolidación e as novas edificacións executadas e as parcelacións licenciadas desde a aprobación do PXOM vixente.

O proxecto xustifica a conveniencia da modificación debido a que o PXOM excluíu da delimitación do núcleo edificacións moi anteriores a este e que agora cumpren os requisitos para seren clasificadas como solo de núcleo rural.

II.3. A modificación puntual proposta inclúe o núcleo rural de Rioseco xunto co seu contorno inmediato, os dous sectores de solo urbanizable afectados, o solo rústico que pasa a clasificarse como solo de núcleo rural e o solo rústico de protección de infraestruturas que se mantén.

No punto 1.3 da memoria –Ámbito da modificación puntual– corríxense os datos correspondentes ás superficies dos solos de núcleo rural e de solo urbanizable que pasan a clasificarase como solo rústico, así como a superficie total do ámbito de actuación; e incorpóranse cadros de superficies de solo de núcleo rural, de solo urbanizable e de solo rústico, así como un cadro resumo dos parámetros resultantes.

II.4. No ámbito da modificación puntual ao solo que queda clasificado como solo rústico asígnaselle a categoría de solo rústico de protección ordinaria ou solo rústico de especial protección conforme os criterios dos artigos 33 e 34 da LSG. Pola súa vez, ao solo rústico de especial protección asígnaselle a subcategoría correspondente conforme os criterios do artigo 34 da LSG.

Porén, nos planos de ordenación existe confusión en relación co solo que, ademais de ter a categoría de solo rústico de especial protección de infraestruturas, tamén ten a categoría de solo rústico de especial protección de augas.

II.5. O sector de solo urbanizable residencial UDR-1, que pasa de 19.450 m² a 4.190 m², ao reclasificar a maior parte del a solo de núcleo rural común, incorpórase ao sector UDR 2, resultando un único sector descontinuo urbanizable residencial UDR-2 coas reservas mínimas de solo para sistemas locais conforme o artigo 42.2 da LSG.

II.6. Na ordenanza de solo de núcleo rural tradicional corríxense diferentes parámetros de edificación ao ter en conta as características do parcelario actual e a tipoloxía das construcións existentes, dando cumprimento ao disposto no artigo 55.1.d) da LSG e nos artigos 38, 122.d) e 124 do Regulamento da LSG.

Os equipamentos e espazos libres públicos do ámbito gráfanse nos planos de ordenación, indicando o sistema a que pertencen e o seu carácter público ou privado. No punto 2 da memoria xustificativa recóllese un cadro con estes datos; e no punto 3 das ordenanzas indícase que aos equipamentos e espazos libres se lles aplicará a normativa correspondente do PXOM de Paderne de Allariz.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dunha modificación puntual de planeamento xeral que teña por obxecto delimitacións de solo de núcleo rural corresponde á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de conformidade co disposto no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación co Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

IV. Resolución.

Visto canto antecede, en virtude do establecido no artigo 78.2.c) en relación co artigo 83.6 da lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Paderne de Allariz no núcleo rural de Rioseco, condicionado á introdución na normativa do documento das limitacións de uso referidas no informe da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) do 11.12.2019; e á clarificación nos planos de ordenación do solo rústico en que concorren as especiais proteccións de infraestruturas e de augas.

2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio esta delimitación no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 199.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

4. De conformidade co disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa da delimitación aprobada no Boletín Oficial da provincia, unha vez inscrita esta no Rexistro de Planeamento Urbanístico.

5. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo