Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 18 de maio de 2020 Páx. 20434

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se dispón o nomeamento dun membro do Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, modificada pola Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, creou o Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia como o órgano colexiado de participación e consulta dos axentes do Sistema galego de investigación e innovación nos asuntos relacionados coa investigación, transferencia, valorización e innovación.

Mediante a Orde do 25 de xuño de 2019, publicada no DOG número 129, do 9 de xullo de 2019, e a Orde do 3 de setembro de 2019, publicada no DOG número 192, do 9 de outubro, nomeáronse os membros do Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia, de acordo cos artigos 22.1 e 22.3 de dita lei.

O artigo 2 da Orde do 25 de xuño dispón que, unha vez que o Consello Galego de Cámaras designe unha persoa en representación das empresas, se procederá ao seu nomeamento; dese modo quedará completada a composición do Consello.

Polo exposto e por proposta do Consello Galego de Cámaras,

DISPOÑO:

Artigo 1. Nomear a Constantino Fernández Pico como membro do Consello Asesor en Investigación e Innovación de Galicia en representación do Consello de Cámaras de Galicia.

Artigo 2. O dito nomeamento, conforme o artigo 22.4 da Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, modificado pola Lei 13/2015, do 24 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 7/2019, do 23 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, terá unha duración do mandato de catro anos, sen posibilidade de reelección.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria