Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20059

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 13 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo FSE con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI427A).

A Secretaría Xeral da Igualdade convocou para o ano 2020, a través da Resolución do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro de 2020), subvencións destinadas ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para levar a cabo programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que respondan a algún dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

A partida orzamentaria con cargo á cal se financian estas subvencións ten un cofinanciamento do 80 % dos fondos FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020.

O prazo e forma de presentación das solicitudes están regulados no artigo 7 da Resolución do 13 de decembro de 2019 e no artigo 8 determínase a documentación que se xuntará ao anexo da solicitude. Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita resolución de convocatoria polo órgano encargado da instrución dos procedementos, identificáronse aquelas que non reúnen a documentación necesaria, ben por non tela presentado ben por conter erros, ou ben por non ser suficiente para a determinación do cumprimento dos requisitos exixidos para a súa posterior remisión á comisión encargada da súa valoración.

O artigo 11 da citada resolución establece, de conformidade co previsto no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que se a solicitude non está debidamente cuberta ou non se presenta a documentación exixida, a unidade administrativa encargada da tramitación do expediente requirirá a entidade solicitante para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa advertencia de que, de non o facer, se considerará que desistiu da súa solicitude, logo de que se dite resolución nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015.

Así mesmo, tamén se indica que por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, de conformidade co establecido no artigo 45 da indicada Lei 39/2015, os citados requirimentos de emenda faranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os efectos da notificación.

De acordo co establecido no artigo 8.5 da Resolución do 13 de decembro de 2019, todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Por outro lado, a disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, na súa redacción dada polo Real decreto 465/2020, do 17 de marzo, refírese á suspensión de prazos administrativos, sinalando a suspensión de termos e prazos para a tramitación dos expedientes de todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Porén, a propia disposición prevé que as entidades do sector público acorden, motivadamente, a continuación daqueles procedementos administrativos referidos a situacións estreitamente vinculadas aos feitos xustificativos do estado de alarma ou que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos.

Así mesmo, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta de abril de dous mil vinte, adoptou, entre outros, o acordo de «Valorar favorablemente a proposta de continuación pola Secretaría Xeral da Igualdade de procedementos de concesión de subvencións que estivesen en tramitación no momento da entrada en vigor do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19».

Conforme o anterior, a Secretaría Xeral da Igualdade acordou a continuación, mentres estea vixente o estado de alarma, do procedemento de concesión das subvencións previstas na Resolución do 13 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (DOG núm. 22, do 3 de febreiro de 2020).

Polo exposto,

DISPOÑO:

1. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da relación de solicitudes que non están debidamente cubertas e/ou que non achegan a documentación preceptiva exixida segundo o establecido nas bases reguladoras. Esta relación figura como anexo desta resolución.

2. Facer indicación expresa a todas as entidades solicitantes recollidas no anexo de que son requiridas para que, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, conforme se establece nesta resolución. De non o faceren, teranse por desistidas da súa petición, logo de resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de emenda de documentación das solicitudes, poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través da conta de correo promocion.igualdade@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº expte.

Solicitante

NIF

Documentación requirida

SI427A 2020/015

Asociación para la Igualdad y la Visibilidad Lésbica LES Coruña

G70563143

1. Acreditación da inscrición na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

2. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade.

3. Anexo II.

4. Anexo III.

5. Anexo/s IV das/os profesionais adscritas/os ao programa.

SI427A 2020/032

Cruz Roja Española

Q2866001G

1. Anexo III: a memoria do programa debe presentarse obrigatoriamente no modelo normalizado do anexo III (a memoria complementaria que se presente só é válida para os efectos de ampliar a información contida no anexo III, non para substituílo).

2. O número de mulleres participantes indicado na memoria complementaria (15 participantes) é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas para ter en conta no cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 645 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2020/037

Asociación Mujeres en Igualdad de Burela (BUMEI)

G27441153

1. Aclaración sobre os/as profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III indican que o servizo de atención psicolóxica vai ser prestado por persoal voluntario pero logo presentan ficha individualizada dunha psicóloga.

SI427A 2020/039

ACCEM

G79963237

1. Anexo II: o presentado non está asinado polo secretario da entidade.

SI427A 2020/040

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

1. Dado que unha das profesionais está vinculada coa entidade (é membro da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia).

SI427A 2020/041

Asociación de Mulleres Arandeira

G32261679

1. Aclaración sobre o/s colectivo/s de mulleres a que vai dirixido o programa de acordo co establecido na disposición adicional única da convocatoria.
2. Dado que unha das profesionais está vinculada coa entidade (é membro da xunta directiva), deberán solicitar a autorización do órgano concedente para poder levar a cabo esta contratación, indicando os motivos que a xustifican e se se realiza de acordo coas condicións normais do mercado (artigo 27.7.d da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia).

SI427A 2020/051

ValoReSC Innovation

G70377585

1. Anexo II.

2. Anexo III.

3. Anexo/s IV das/os profesionais adscritas/os ao programa.

SI427A 2020/055

Asociación de Mulleres Algueirada

G32354227

1. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas para ter en conta no cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.032 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2020/056

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

G32426025

1. Anexo III (o presentado foi modificado ou danado despois de ser asinado electronicamente, polo que non é válido).

2. Aclaración sobre o número de profesionais adscritos/as ao programa, xa que no anexo III relacionan 6 profesionais pero logo só presentan fichas individualizadas (anexos IV) de catro profesionais.

3. Anexo IV – traballadora social (no presentado non están cubertos todos os datos da profesional, o tipo de vinculación coa entidade non especifica se é persoal propio ou unha contratación externa e non está asinado pola profesional).

4. Anexo IV – orientadora social (no presentado non están consignados todos os datos da profesional e as datas de dedicación ao programa non están completas).

5. Anexo IV – psicóloga (no presentado o tipo de vinculación coa entidade non especifica se é persoal propio ou unha contratación externa e a sinatura da representante legal non é válida xa que o anexo foi modificado ou danado despois de ser asinado).

6. Anexo IV – avogada (no presentado os datos da entidade solicitante non son correctos, o tipo de vinculación coa entidade non especifica se é persoal propio ou unha contratación externa e o período de dedicación ao programa non é correcto).

SI427A 2020/067

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

G15681000

1. Anexo II.

2. Anexo III.

3. Anexo/s IV das/os profesionais adscritas/os ao programa.

SI427A 2020/068

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

1. Documentación acreditativa da representación que exerce a persoa que asina a solicitude para actuar en nome da entidade, xa que esta é distinta á designada no RUEPSS.

2. O número de horas da integradora social excede o límite das 1.720 horas por profesional.

3. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas para ter en conta para no cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (ata 1.834 horas), agás que presenten unha aclaración e, se é o caso, unha corrección ao respecto.

SI427A 2020/070

Asociación Faraxa pola abolición da prostitución

G27728658

1. No anexo III indican que o servizo a) vai ser prestado por unha educadora social pero logo non aparece relacionada ao final do anexo nin presentan ficha individualizada (anexo IV) desta profesional.

2. Anexo IV correspondente á mediadora intercultural: non está cuberta a parte da asignación de tarefas.

3. O número de horas da profesional vinculada coa entidade (avogada) excede o límite das 100 horas establecido no último parágrafo do artigo 6.1.a) das bases reguladoras.

SI427A 2020/071

Asociación pola Igualdade e a Coeducación (APICO)

G94088549

1. Anexos IV (agás a ficha nº 6): a asignación de tarefas de cada un/unha dos/das profesionais non coincide co indicado no anexo III.

SI427A 2020/073

Asociación Mirabal

G70312954

1. Anexos IV (agás a ficha nº 1): a asignación de tarefas de cada un/unha dos/das profesionais non coincide co indicado no anexo III.

2. O número de horas da profesional que forma parte da xunta directiva excede o límite das 100 horas establecido no último parágrafo do artigo 6.1.a).

3. O número de mulleres participantes indicado no anexo III é inferior ao necesario en función do número de horas totais declaradas pola entidade (artigo 5.5), polo que o número de horas para ter en conta para o cálculo do gasto subvencionable se reducirá proporcionalmente (deberán ter en conta, ademais, o indicado no punto 2 anterior).

SI427A 2020/077

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

G32369696

1. Anexo II.

2. Anexo/s IV das/os profesionais adscritas/os ao programa.

SI427A 2020/078

Federación EFA Galicia

G15299357

1. Anexo/s IV das/os profesionais adscritas/os ao programa.

SI427A 2020/079

Agrupación Miño de Asociacións Veciñais do Rural e da Periferia de Ourense

G32408023

1. No anexo III relacionan dúas traballadoras sociais e unha técnica en mediación, pero logo non presentan a ficha individualizada (anexo IV) da técnica en mediación e presentan ficha individualizada de tres traballadoras sociais.

SI427A 2020/080

Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

1. Anexo II.

2. Anexos IV: os presentados non están asinados polas/os profesionais adscritas/os ao programa.