Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 12 de maio de 2020 Páx. 19882

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 853/2018).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 853/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Costa Cotelo contra Nao Residenciales, S.L., o Servizo Público de Emprego Estatal, o Instituto Nacional da Seguridade Social, Asociados S.L. Pérez y Verdiñas e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social A Coruña, sobre seguridade social, ditouse sentenza o 23.3.2020 cuxa resolución é a seguinte:

Resolución

Que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Jesús Costa Cotelo contra o Servizo Público Emprego Estatal, ao cal debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Jesús Costa Cotelo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e as entidades Asociados S.L. Pérez y Verdiñas e Nao Residenciales, S.L., debo declarar e declaro que as entidades Nao Residenciales, S.L. e Asociados S.L. Pérez y Verdiñas deberon cotizar a favor de Jesús Costa Cotelo desde xuño de 2006 a decembro de 2007 na contía de 1.990,80 euros e, en consecuencia:

1º. Debo condenar e condeno o Instituto Nacional da Seguridade Social a avirse a tal declaración e ao recoñecemento da pensión de incapacidade permanente en grao de absoluta que corresponda con tales bases de cotización, sen prexuízo das accións que puidese exercer fronte ás entidades Nao Residenciales, S.L. e Asociados S.L. Pérez y Verdiñas.

2º. E, así mesmo, debo condenar e condeno a que as entidades Nao Residenciales, S.L. e Asociados S.L. Pérez y Verdiñas constitúan ante a Tesouraría Xeral da Seguridade Social o capital custo da diferenza da pensión de incapacidade permanente recoñecida (a razón dun 84,42 % dunha base reguladora de 850,87 euros mensuais) e a que lle correspondería percibir en atención ás bases de cotización que debería ter ingresado entre xuño de 2006 e decembro de 2007.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social (as devanditas cantidades deberán ser aboadas, se é por transferencia bancaria, na conta que este xulgado ten no Banco Santander, co número ES55 0049 3569 92 0005001274, debendo sinalar en concepto os seguintes díxitos: 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número 2 para o ano) e, se é fisicamente, nunha oficina do Banco Santander na conta número 4757000065 e número de expediente con 6 díxitos (4 para o número e 2 para o ano), acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, no día da data, celebrando audiencia pública e na miña presenza, letrada da Administración de xustiza, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Nao Residenciales, S.L. e á entidade Asociados S.L. Pérez y Verdiñas, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2020

A letrada da Administración de xustiza