De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 29 de abril de 2020 do proxecto de ampliación da rede de distribución de auga en Mesía-fase I, no concello de Mesía (A Coruña), promovido pola entidade pública empresarial Augas de Galicia.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático