Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 12 de maio de 2020 Páx. 19886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de actualización do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración da concesión de explotación Sonia número 5644, situada no termo municipal de Mañón (A Coruña), promovido pola sociedade Cuarzos Industriales, S.A.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación de impacto ambiental, no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e no artigo 23 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, a actualización do proxecto de explotación Sonia número 5644, situada no termo municipal de Mañón (A Coruña), promovido pola sociedade Cuarzos Industriales, S.A.

Durante o prazo indicado, aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán examinar o expediente nas dependencias da Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2ª planta, rúa Vicente Ferrer, número 2, 15071 A Coruña, ou no portal da dita consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras e formular as súas alegacións por escrito ante este órgano administrativo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública, proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña