Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 8 de maio de 2020 Páx. 19525

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 587/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 587/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Pérez Cutrín contra Amilaxa Servicios Generales, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, se ditou Sentenza do 31.3.2020, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 59/2020.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 587/2019, a que se acumulou o procedemento de despedimento nº 675/2019 de despedimento obxectivo individual, en que foron parte, como demandante/s, Antonio Pérez Cutrín, asistido pola letrada Sra. Romero Salgado e, como demandado/s, Amilaxa Servicios Generales, S.L., sobre extinción de contrato e reclamación de cantidade, que non compareceron, malia a súa citación en legal forma, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes.

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Antonio Pérez Cutrín e, en consecuencia:

Declaro extinguida a relación laboral que unía ás partes na data da presente resolución por incumprimento grave do empresario.

Declaro a improcedencia do despedimento do demandante con extinción, así mesmo, da relación laboral por imposibilidade de readmisión.

Condeno a entidade demandada a que aboe ao demandante a suma de 7.289,75 euros, salvo erro ou omisión, en concepto de indemnización, así como a cantidade de 7.299,16 euros en concepto de salarios de tramitación.

Condeno a entidade demandada a que aboe ao demandante a suma de 4.655 euros en concepto de salarios debidos; estas cantidades veranse incrementadas no 10 % en concepto de xuros de mora.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, así como ao Fondo de Garantía Salarial, para os efectos do artigo 33 do ET.

Modo de impugnación: advírtense as partes de que contra esta sentenza se pode interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándoo por comparecencia ou por escrito neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación e designando letrado ou graduado social colexiado para a súa tramitación.

Advírtese o recorrente que non sexa traballador, habente causa seu ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, nin goce do dereito de asistencia xurídica gratuíta que deberá acreditar, ao tempo de interpoñelo, ter ingresado o importe de 300 euros na conta ES55 0049 3569 9200 0500 1274, con nº 5076-0000-65-0587-19, concepto “Recursos”, do Banco de Santander, achegando o xustificante acreditativo. Se a sentenza impugnada condenou ao pagamento dunha cantidade, tamén se debe acreditar que se consignou a devandita cantidade na referida conta, no momento do anuncio, salvo que sexa beneficiario de xustiza gratuíta. Esta consignación en metálico pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario solidario e pagadoiro a primeiro requirimento emitido por unha entidade de crédito. Se o recorrente é unha entidade xestora e foi condenada ao aboamento dunha prestación de Seguridade Social de pagamento periódico, ao anunciar o recurso deberá achegar a certificación acreditativa de que comeza o aboamento desta e que o proseguirá puntualmente mentres dure a súa tramitación. Se o recorrente é unha empresa ou mutua patronal que foi condenada ao pagamento dunha pensión de Seguridade Social de carácter periódico, deberá ingresar o importe do capital custo na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, logo de que esta determine o seu importe unha vez que llo comunique o xulgado.

Os prazos comezarán a contar unha vez que a autoridade competente alce a suspensión dos prazos procesuais.

A difusión do texto desta resolución a partes non interesadas no proceso en que se ditou só se poderá levar a cabo logo de disociación dos datos de carácter persoal que conteña e con pleno respecto ao dereito á intimidade, aos dereitos das persoas que requiran un especial deber de tutelar ou á garantía do anonimato das vítimas ou prexuízo, cando proceda. Os datos persoais incluídos nesta resolución non poderán ser cedidos nin comunicados con fins contrarios ás leis.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza