Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 6 de maio de 2020 Páx. 19173

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) nas disposicións transitorias segunda e décimo segunda. Plan parcial das Fontiñas e PERI dos Concheiros, O Vieiro e O Outeiro.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) nas disposicións transitorias 2ª e 12ª (Plan parcial das Fontiñas e PERI dos Concheiros, O Vieiro e O Outeiro), segundo o documento reformado polos servizos municipais en febreiro de 2020.

O presente acordo de aprobación definitiva publicarase no Diario Oficial de Galicia e a normativa e ordenanzas publicaranse no Boletín Oficial da provincia.

Así mesmo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir a citada modificación puntual no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do RLSG, a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Contra o acordo da aprobación definitiva da citada modificación puntual poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

O alcalde
P.D. (DEC/4742/2019, do 17 de xuño)
Mercedes Rosón Ferreiro
Concelleria delegada de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica