Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 6 de maio de 2020 Páx. 19171

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Betanzos

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial de Piadela SAUI-5 (expediente 2018/X999/00054237).

O Pleno municpal, na sesión que tivo lugar o 27 de febreiro de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do sector SAUI-5, polígono de Piadela.

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Terceiro. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, e achegar un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificar individualmente a aprobación definitiva do Plan parcial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O contido íntegro da modificación puntual aprobada pódese consultar nas dependencias municipais de Urbanismo.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, cabe interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis procedente e sexa conforme a dereito.

Betanzos, 12 de marzo de 2020

A alcaldesa
P.D. (Decreto 129/2020, do 6.2.2020)
Andrés Teijo Hermida
Delegado de Urbanismo