Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 15 de abril de 2020 Páx. 18361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación de granxa de porcino de ceba, ata as 2.473 prazas, na parroquia de Castro de Rei de Lemos, no concello de Paradela (Lugo) (expediente 2020/0001).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de granxa de porcino de ceba, ata as 2.473 prazas, na parroquia de Castro de Rei de Lemos, promovido por José Antonio Pérez López, nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Malia o anterior, e de conformidade coas disposicións adicionais terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comezará a computar, tras a publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola devandita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

Para efectos deste expediente, tramita, como órgano substantivo, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático