Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 15 de abril de 2020 Páx. 18360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 64.738 polos de ceba, na parroquia de Pepín, no concello de Castrelo do Val (clave do expediente 2019/0148).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de explotación avícola, ata 64.738 polos de ceba, na parroquia de Pepín, promovido por Avitouza, S.C., nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Non obstante o anterior, e de conformidade coa la disposición adicional terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión de la situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comezará a computar, tras a publicación do presente anuncio no DOG, no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola antedita disposición ou os seus eventuais prórrogas,

A efectos deste expediente tramita, como órgano substantivo, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático