Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Martes, 7 de abril de 2020 Páx. 17987

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 5 de marzo de 2020, do Servizo de Informes e Recursos, polo que se notifican as resolucións ditadas no expediente sancionador en materia de transportes terrestres LU-00294-O-2019 e un máis.

A persoa titular da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte ditou a resolución do expediente sancionador LU-00294-O-2019 e un máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas na praza de Europa, 5A, 2º, en Santiago de Compostela.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará na Subdirección Xeral de Inspección do Transporte.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 5 de marzo de 2020

María Inmaculada Carril Barco
Xefa do Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF persoa

sancionada

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto

cualificador

Precepto

sancionador

Sanción

imposta

LU-00294-O-2019

PO-2290-BK

76984064M

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

12.2.2019; 15.01.00; A-8; 583,0

Artigo 141.25 en

relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €

XC-00691-O-2019

4950-GSG

03089897P

Atenuante - Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

19.1.2019; 10.20.00; AC-62; 0,1

Artigo 141.25 en

relación co artigo 140.1 da LOTT

Artigo 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 €