Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
– Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.
– Domicilio social: polígono empresarial das Gándaras, parcela U2, rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.
– Denominación: soterramiento de DC Ceao 1-2 polígono Ceao zona este (Lugo).
– Situación: concello de Lugo.
– Características técnicas:
• Liña soterrada de media tensión con orixe na liña soterrada de media tensión dirección CS Arenal (9307) e final no CT Ceao 1 (5139), cunha lonxitude de 711 metros en condutor tipo RHZ1-240 mm.
• Liña soterrada de media tensión CT Mármoles P (8211) consistente no desprazamento de 6 metros de liña de media tensión existente en condutor RHZ1-95 desde conversión en apoio existente por desmontar ata cela existente en CS Industria 91 (1881).
• Liña soterrada de media tensión CT Plásticos Arias (6235) consistente no desprazamento de 6 metros de liña de media tensión existente en condutor RHZ1-95 desde conversión en apoio existente por desmontar ata cela en centro de seccionamento Plásticos Arias proxectado.
• Liña soterrada de media tensión CT Plásticos Arias (6235) consistente no desprazamento de 7 metros de liña de media tensión existente en condutor RHZ1-95 desde conversión en apoio existente por desmontar ata cela en centro de seccionamento Plastifer proxectado.
• Centro de transformación prefabricado Ceao 2, cunha potencia de 630 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.
• Centro se seccionamento prefabricado Plásticos Arias, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.
• Centro se seccionamento prefabricado Plastifer, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.
• Liña soterrada de baixa tensión do CT Ceao 2, formada por seis circuítos, con orixe no cadro de baixa do CT Ceao 2 e final na RBT aérea proxectada, cunha lonxitude de 31 metros de RV-50, 172 de RV-150 e 43 metros de RV-240.
• Liña aérea de baixa tensión do CT Ceao 2, con orixe na RBT soterrada e final nas RBT existentes cunha lonxitude de 17 metros de RZ-25 e 45 metros de RZ-95.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguranza en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo cas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 24 de marzo de 2020
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo