Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17913

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 19/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 19/2020, seguido por instancia de Diana Pérez Sar contra Limpiezas y Mantenimientos, S.L., sobre execución da Sentenza número 401/19, do 24.7.2019, ditáronse auto despachando execución e decreto de embargo, ambos os dous con data do 12.2.2020, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Limpiezas y Mantenimientos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza