Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17914

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 141/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 141/2019, seguido por instancia de Gene Andrés Becerra Otero contra Lucxu Word, S.L., sobre execución de decreto de data 2 de setembro de 2019, ditouse auto despachando execución e decreto de embargo, ambos os dous con data 13 de xaneiro de 2020, e contra os cales pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que lle sirva de notificación e requirimento en legal forma a Lucxu Word, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza