Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Venres, 3 de abril de 2020 Páx. 17893

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vimianzo

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento municipal de redelimitación de núcleos rurais nas parroquias de Bamiro, Tines e Treos.

O Pleno do Concello de Vimianzo, na sesión ordinaria que tivo lugar o trinta e un de xaneiro de dous mil vinte, adoptou o seguinte acordo:

«(....)

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vimianzo nomeado Redelimitación dos núcleos rurais de O Campo, Bamiro, O Ceán, Tines, Romarís, Treos, O Refoxo e Quintáns, elaborado polo Servizo de Asistencia Técnica a Municipios da Deputación da Coruña.

Segundo. Conservar as actuacións e documentos existentes no expediente número 2019/X999/000006 con base no principio de conservación de actos e limitacións da extensión da nulidade de actos previstos nos artigos 49 e 51 da LPACAP.

Terceiro. Solicitar o informe sectorial da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental de acordo co artigo 102 do Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, e 50 da Lei 12/2014, do 22 de decembro.

Cuarto. Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e en dous diarios de maior difusión da provincia e notificalo individualmente a todos os titulares catastrais dos terreos afectados para o seu coñecemento comunicando que o dito traslado non supón en ningún caso a apertura dun novo período de exposición pública.

Quinto. Dar traslado deste acordo o CMATV como órgano competente para aprobación definitiva deste expediente para os efectos do seu coñecemento por mor dos principios de información mutua, colaboración e respecto que rexen as relacións entre as administracións públicas.

Sexto. Consonte o artigo 47 da LSG (Lei 2/2016, do 10 de febreiro) e 86 do RLSG (Decreto 143/2016, do 22 de setembro) determinase a suspensión de concesión de licenzas urbanísticas nos ámbitos do territorio nos que as novas determinacións supoñen modificación da ordenación urbanística vixente agás nos supostos previstos no punto 3 do artigo 86 do RLSG».

O que se fai público para o xeral coñecemento de todos os interesados e, en ningún caso, supón a apertura dun novo período de exposición pública.

Vimianzo, 5 de febreiro de 2020

Mónica Rodríguez Ordóñez
Alcaldesa