Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17633

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (825/2017).

Eu, Encarnación Mercedes Tubio Lariño, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre impugnación de actos da Administración 825/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ricardo Vila Cabana contra Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Carla Alexandra Cacheria Mesquita da Silva, Andrea Maceiras de Sousa, Javier Souto Porta, Carla Amoedo Lorenzo sobre sancións, ditouse resolución de data 6.3.2020 contra a que non cabe recurso de suplicación, facéndolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Carla Alexandra Cacheria Mesquita da Silva, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza