Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17631

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 50/2020 MDM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 50/2020

Xulgado de orixe/autos: DSP despedimento/cesamentos en xeral 147/2019 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrente: María Dolores Blanco Lousame

Avogada: Rosa María Martínez Ferreiro

Recorridas: Fogasa, Innovis Laboratorios, S.L., Innovis Farma, S.L., Novocat Farma, S.A. Adriana Leonor Rizzo Tamaro

Avogada: letrada de Fogasa, María Lourdes Castelo Sesar

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 50/2020 desta sección, seguidos por instancia de María Dolores Blanco Lousame contra o Fondo de Garantía Salarial, Innovis Laboratorios, S.L., Innovis Farma, S.L., Novocat Farma, S.A., Adriana Leonor Rizzo Tamaro, sobre resolución de contrato, se ditou resolución con data do 5 de marzo de 2020, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto pola avogada Rosa María Martínez Ferreiro contra a sentenza de data vinte e catro de xullo de dos mil dezanove, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en autos 147/2019 sobre extinción de contrato de traballo e reclamación de cantidade debemos revogar parcialmente esta, e no único punto de condenar as codemandadas a aboar solidariamente á demandante a cantidade de corenta e tres mil cento setenta e catro euros, con sesenta e catro céntimos de euro -43.174,64 €- en concepto de salarios devindicados correspondentes ao período que vai desde o 4 de xuño de 2018 ao 24 de xullo de 2019, co incremento dos xuros de demora do artigo 29.3 do ET, mantendo na súa integridade o resto dos pronunciamentos de instancia.

Sen custas.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Ministerio fiscal.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Innovis Laboratorios, S.L., Innovis Farma, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza