Eu, Rosana Corral García, letrada a Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 493/2019 por instancia de Mohamed Bowba contra Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L., Sacyr, S.A. e Fogasa sobre despedimento, en que recaeu sentenza en data do 21 de xaneiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolvo:
Estímase parcialmente a demanda formulada por Mohamed Bowba fronte ás empresas Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. e Sacyr, S.A. (desistida), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. ao traballador.
– Declárase extinguida a relación laboral.
– Condénase a Obras y Estructuras Estrucor Tres, S.L. a aboar a Mohamed Bowba a cantidade de seiscentos cincuenta e tres euros con sesenta e dous céntimos de euro (653,62 euros) en concepto de indemnización.
Notifíquese a presente resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
E, para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sacyr, S.A. expido e asino a presente notificación.
A Coruña, 6 de marzo de 2020
A letrada da Administración de xustiza