Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, fago saber que no procedemento de modificación de medidas contencioso, seguido neste xulgado por instancia de Iria Pilar Rodríguez Domínguez ditouse a resolución cuxa parte dispositiva se xunta:
Resolución:
Estimo a demanda interposta pola representación procesual de Iria Pilar Rodríguez Domínguez, fronte a Israel Gordillo Mulero, e acordo a modificación das medidas aprobadas pola sentenza ditada por este xulgado o 20 de decembro de 2013 no procedemento 375/12 deste xulgado e en sentenza de apelación da Audiencia Provincial de Pontevedra do 24 de setembro de 2015, no seguinte sentido:
– Acórdase privar o demandado, Israel Gordillo Mulero, da patria potestade do seu fillo menor …, patria potestade que será desempeñada en exclusiva pola nai, Iria Pilar Rodríguez Domínguez.
– Déixase sen efecto o réxime de comunicación telefónica acordado na sentenza de apelación da Audiencia Provincial de Pontevedra do 24 de setembro de 2015.
Non se fai especial pronunciamento respecto ás custas procesuais causadas.
A presente sentenza, que se notificará ás partes, non é firme e contra ela poderase interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial, dentro do prazo de 20 días contados desde a data da súa notificación, recurso que se interpoñerá na forma exposta nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil.
Así, por esta sentenza, da que se unirá testemuño aos autos da súa razón, pronúncioo, mándoo e asínoo, Mª del Pilar García Domínguez, xuíza substituta deste xulgado.
E para que sirva de notificación en legal forma a Israel Gordillo Mulero, en ignorado paradoiro, expido a presente para que se inserción no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
O Porriño, 25 de febreiro de 2020
O letrado da Administración de xustiza