Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17441

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín

EDICTO (465/2018).

Eu, Patricia López Cousillas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, polo presente anuncio:

No presente procedemento de familia, garda e custodia e alimentos de fillo menor non consensuado número 465/2018, seguido por instancia de Victoria Motos Ferreruela fronte a Emilio García Cortés ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

“Sentenza 52/2018.

En Marín o cinco de xuño de dous mil dezanove.

Vistos por min, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín, os presentes autos de xuízo verbal especial sobre garda e custodia e alimentos, seguidos neste xulgado co número 465/2018, por instancia da procuradora Lucía López Maroto, actuando en nome e representación de Victoria Motos Ferreruela, con la asistencia letrada de María Jesús Villanueva Covelo fronte a Emilio García Cortés, en rebeldía procesual, e coa intervención do Ministerio Fiscal, en virtude das facultades que me confire a Constitución española e en nome do rei dito a seguinte sentenza”.

“Decido que, estimando a demanda interposta no presente procedemento de garda, custodia e alimentos, iniciado por instancia da procuradora Lucía López Maroto, en nome e representación de Victoria Motos Ferreruela contra Emilio García Cortés, en rebeldía procesual, debo acordar e acordo as seguintes medidas:

1. Atribuír a garda e custodia dos fillos comúns da parella, Azahara e Emilio Elías García Motos, á nai, Victoria Motos Ferreruela, sen prexuízo do exercicio conxunto da patria potestade por ambos os proxenitores.

2. Cando o pai se desprace a Marín, comunicándollo á nai cun aviso previo de sete días, poderá estar e ter na súa compañía os menores dun modo flexible, recolleraos e reintegraraos no domicilio materno e pernoitarán os menores no domicilio materno.

Para o suposto que o pai fixase un domicilio próximo ao dos menores que lle permitise realizar as visitas dos seus fillos dun modo regular, as visitas desenvolveranse do seguinte modo, na falta doutro acordo entre os proxenitores:

A) Fins de semana alternas desde as 10.00 horas do sábado ata as 20.00 horas do domingo, recolléndoos e reintegrándoos o pai no domicilio materno.

B) Nos períodos de vacacións quedará en suspenso o anterior réxime e desenvolveranse as visitas nos seguintes termos:

– Vacacións de verán, gozaranse por quincenas alternas: a primeira quincena comezará ás 10.00 horas do 1 de xullo ata as 20.00 horas do 15 de xullo, a segunda quincena do 15 de xullo ás 20.00 horas ata o 31 de xullo ás 20.00 horas, a terceira quincena desde o 31 de xullo ás 20.00 horas ata o 15 de agosto ás 20.00 horas e a última quincena desde as 20.00 horas do 15 de agosto ata as 20.00 horas do 31 de xullo. Corresponde á nai elixir quincenas nos anos impares e ao pai nos anos pares; a elección deberá ser comunicada ao outro proxenitor polo menos con 15 días de antelación ao comezo do período de desfrute. A comunicación poderá efectuarse por correo con xustificante de recepción, correo electrónico ou WhatsApp.

– Vacacións de Nadal: establécense dous períodos. O primeiro desde as 17.00 horas do 24 de decembro ata as 17.00 horas do 31 de decembro e o segundo período desde as 17.00 horas do 31 de decembro ata as 20.00 horas do 7 de xaneiro.

– Semana Santa, establécense dous períodos, o primeiro desde o venres anterior ao Domingo de Ramos ás 20.00 horas ata o Xoves Santo ás 20.00 horas, e un segundo período de Xoves Santo ás 20.00 horas ao Domingo de Pascua ás 20.00 horas.

Corresponda a nai elixir os períodos de vacacións nos anos impares e ao pai nos anos pares. A elección debe ser comunicada ao outro proxenitor como mínimo 15 días antes do período de desfrute. A comunicación poderá efectuarse por correo con xustificante de recepción, correo electrónico ou WhatsApp.

3. Emilio García Cortés deberá aboar en concepto de alimentos a favor dos seus fillos, Azahara e Emilio Elías García Motos, a cantidade de cento corenta euros mensuais (70 euros mensuais por fillo), que deberán ser ingresados dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para o efecto designe a nai e que serán anualmente actualizables en función das variacións que experimente o IPC ou o índice que o substitúa.

Así mesmo, o pai deberá aboar a metade dos gastos extraordinarios dos fillos, logo da comunicación e xustificación destes.

4. Non se aprecian méritos bastantes para efectuar unha especial imposición en custas procesuais.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, María Dolores Rodríguez Leirós, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Marín”.

E atopándose o dito demandado, Emilio García Cortés, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Marín, 6 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza