Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17325

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 200/2019).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 200/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Maximino Liñares Illodo contra Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L., se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020.

Parte dispositiva:

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Maximino Liñares Illodo fronte a Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. e Fogasa, parte executada.

De conformidade co disposto no artigo 280 da LXS e conforme o solicitado na demanda executiva, a letrada da Administración de xustiza sinalará data para vista do incidente.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A xuíza A letrada da Administración de xustiza

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020.

Tendo presentado o traballador Maximino Liñares Illodo escrito en que exixía que o empresario Hipescar, S.L., Fidel Derivados Cárnicos, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Refojo y González, S.L. cumprise a obriga de readmisión, e téndose despachado auto de execución do 28.2.2020, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 12.5.2020, ás 12.30 horas, na sala de audiencias número 1 deste xulgado, sita na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/s represente, considerarase que desiste/n na súa solicitude; de non o facer o empresario ou o seu representante, terá lugar o acto sen a súa presenza.

Sirva de citación a notificación da presente resolución ás partes comparecidas.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se deberá interpor ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Fidel Derivados Cárnicos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza