Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17327

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 23/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 23/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Pereira Morales contra Durcal Ocio y Comercio, S.L., sobre despedimento, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Acordo admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para que comparezan o día 31 de marzo de 2020, ás 9.45 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de conciliación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non alcanzarse a avinza, o día 31 de marzo de 2020, ás 9.45 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio da rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírteselle á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar causa xusta que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírteselle, igualmente, á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), deuse conta ao xuíz con carácter previo e acordouse, por resolución desta data, mandar que se practiquen as seguintes dilixencias:

Respecto ao primeiro outrosí,

1. Interrogatorio do RL da empresa, procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo de que o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fágase saber á parte demandada que deberá comparecer persoalmente ou través de persoa con poder suficiente e, en caso de persoas xurídicas, a través de quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio, advertíndolle que, en caso de non comparecer, poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que, se non comparece sen causa xusta á primeira citación, refusa declarar ou persiste en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

2. Documental, tense por presentada a documentación que se xunta á demanda, únase aos autos da súa razón, sen prexuízo de que deba a parte propoñela no acto de xuízo como medio de proba de que intentará valerse, requírase a empresa demandada co fin de que achegue ao acto de xuízo os seguintes documentos:

1) Contratos de traballo subscritos co demandante, prórrogas e modificacións.

2) Nóminas salariais do demandante.

Respecto ao outrosí segundo, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido de avogado, para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Durcal Ocio y Comercio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, e que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza