Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17349

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 4 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cariño (expediente IN407A 2015/266-1).

Expediente: IN407A 2015/266-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao proxecto de recuamento da LMT e CT Cabanán.

Concello: Cariño.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea MEA 815 a 20 kV e cunha lonxitude de 0,896 km, coa orixe no apoio número 53 existente da LMT MEA 815, onde se realiza a derivación ao CT Cabanán (expediente 29776) para retirar, condutor tipo LA 56 mm2 Al e remate no novo centro de transformación intemperie Cabanán.

– Novo centro de transformacion intemperie Cabanán, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20000/400-230 V.

– Desmantelamento do CT Cabanán existente.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 4 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/266-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 ao proxecto de recuamento da LMT e CT Cabanán.

Concello: Cariño.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 9.

Lugar: calzada.

Cultivo: prado.

Propietaria/o: herdeiras/os de Ruperto Trinquete.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio número: 53-8-centro de transformación.

– m2: 10,0.