Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Teo (expediente-e IN407A 2020/5-1).

Expediente-e: IN407A 2020/5-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad S.A.

Denominación: LMTS., CTC. e RBT. Calo, no lugar de Calo.

Concello: Teo.

Características técnicas:

– Construción dun novo CT de 250 kVA/20 kV localizado nos arredores do centro de carga, así como a correspondente acometida de MT necesaria para dar servizo ao CT de tipo prefabricado compacto manobra exterior con envolvente de formigón 2 L+1 P telecontrolado.

– Liña de servizo ao CT de MT soterrada en condutores de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV-3 (1×240 Al), canalizados en gabia de dimensións 0,40 metros de largo e de entre 1,00 e 1,40 metros de profundidade, aloxados no interior de senllas tubaxes de polipropileno de Ø 160 mm A LMT terá o seu inicio nos pasos aéreo-soterrados para realizar no apoio nº 29 existente de tipo C-22/2000 da LMT SNT840, onde se instalarán pararraios autoválvulas de 24 kV/10 kA no treito entre a derivada ao CT Casalonga e a derivada ao CT particular Carballal e rematará no CT proxectado (entrada e saída), con lonxitude total de 300 m.

– Para o cruzamento coa estrada N-550 realizarase unha perforación dirixida con seis tubaxes de polietileno de Ø 160 mm, cunha lonxitude do cruzamento de 26 m.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 11 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2020/5-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CTC e RBT Calo, no lugar de Calo.

Concello: Teo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 2.

Paraxe: Casalonga.

Cultivo: monte alto.

Propietario: Amador Silva Costoya.

Afección de solo en pleno dominio:

– Apoio nº: centro de transformación caseta e aceso.

– M2: 43,0.